Convócanse os Premios Activistas polo futuro: unha España mellor coa Axenda 2030 para o reconocemento de actuacións e boas prácticas para a aplicación da Axenda 2030 correspondente ao ano 2023.
A finalidade dos premios é a de estimular e recoñecer a traxectoria, dedicación e contribución de iniciativas e prácticas de entidades sociais, académicas e da economía social á consecución dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 en España e no mundo.
Destinatarias
Entidades sociais sen fins lucrativos legalmente constituidas e inscritas, universidades creadas conforme á Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario, así como as entidades que integran a economía social segundo o disposto pola Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social.
Categorías
Concederanse dous premios en cada unha das categorías recollidas nas bases reguladoras de concesión dos premios:
a) Pobreza e desigualdades en todas as súas formas: Recoñecemento ás iniciativas que promoven a erradicación da pobreza e a redución das desigualdades en todas as súas formas. | c) Brecha de xéneros e discriminación cero: recoñecemento ás iniciativas dirixidas a remover as barreiras estruturais que orixinan discriminacións e desigualdades para garantir a igualdade de xénero e unha vida libre de violencia e discriminación. |
b) Transición ecolóxica xusta: Recoñecemento ás iniciativas que impulsan procesos de cambio social, así como no modelo produtivo para lograr un desenvolvemento sostible. | d) Territorios sostibles: Recoñecemento ás iniciativas dirixidas a garantir un medio rural con iguais dereitos e oportunidades. |
Premios |
Por cada categoría concederanse dous premios con achega en metálico, distribuídos da seguinte maneira:
a) Un primeiro premio que terá unha dotación de trinta mil euros (30.000 €) cada un.
b) Un segundo premio que terá unha dotación de vinte mil euros (20.000 €) cada un.
Prazo e presentación das solicitudes |
O prazo remata o 28 de setembro.
https://www.boe.es/boe/dias/2023/09/14/pdfs/BOE-A-2023-19421.pdf