Deixámoste a Programación deseguido:
22:00 – O Golem
17 de xullo // As xornadas ábrense coa grande obra do Expresionismo Alemán. Un abraiante film baseado na famosa historia do Golem de Praga e adaptada polo cineasta Paul Wegener. A proxección do filme estará acompañada pola curtametraxe «The First Film of Palestine», a primeira testemuña audiovisual da Palestina otomana
22:00 – Amencer
18 de xullo // Unha das grandes películas da era silente, para moitos considerada a mellor película do cinema mudo; «Amencer» supuxo o debut en América de F. W. Murnau (tras facer en Alemaña filmes imprescindibles como «Nosferatu» ou «Fausto». Unha historia que nos fala de amor, vinganza e redención cunha incomparable mistura de drama e comedia. A proxección do filme estará acompañada pola curtametraxe «A Corner in Wheat».
21:00 – Especial Buster Keaton
19 de xullo // Un ano mais, Buster Keaton volve ser o fin de festa das xornadas cunha espectacular dobre sesión na que poderemos gozar de dúas das súas obras: a primeira, «Seven Chances» e a segunda, que poderá elixir o público durante o concerto!
Senda AR
Todos os días // Descobre as películas mudas como nunca o fixeras antes coa nosa experiencia de Realidade Aumentada, na que ao longo dos xardíns da Fundación poderás interactuar con personaxes e elementos das películas e descubrir unha morea de datos sobre elas. Hai unha experiencia inmersiva distinta agardando por ti cada día!
21:30 – Curtametraxes
17 e 18 de xullo // As dúas primeiras proxeccións acompañaranse dunha curtametraxe temáticamente relacionada.
19:30 – Escape Room Sherlock
Todos os días // Non só haberá películas. Mergúllate e resolve a misteriosa historia das xoias de «Sherlock Jr». na nosa Escape Room virtual deseñado especificamente para os xardíns da Fundación Sales. A participacion no escape room está incluida no prezo da entrada.
21:50 – Screenings Fotográficos
Todos os días // Presentación dos traballos fotográficos «Un Viaje a Brobdingnag» (citar Blas), Los Invisibles (Francisco Uceda) e «Me llaman calle» (Jorge Lens). Poderánse gozar cada día entre a proxección da curtametraxe e a da longametraxe.
Ubicación: Jardín botánico Fundación Sales
52 Avenida Europa 36212 Vigo
Entrada: Desde 11,32 €