Consistirá primeiro na Gala solidaria polo 15 aniversario do proxecto “700 camisetas contra la leucemia” como “unha celebración da vida, un auténtico agasallo despois de tantos anos gritando pol@s que esperan pacientes por uhna médula ósea compatible”. Nesta gala queren reivindicar a resiliencia das persoas que de forma activa ou pasiva, sufriron a enfermidade pero decidiron seguir adiante. Tamén é un homenaxe a todas esas persoas que non puideron superar a enfermidade pero que serven de inspiración para seguir dando pasos.
A Asociación Frángil ten como obxectivo informar, difundir e concienciar sobre a doazón de sangue de medula ósea e cordón umbilical. Para iso realizan ao longo do ano diferentes actividades para transmitir a súa mensaxe de dar vida na vida.
O obxectivo principal da marcha é fomentar a doazón de medula ósea e sangue do cordón umbilical en Galicia a través do movemento e da saúde. Dende 2010 camiñan e corren polos que agardan unha medula ósea compatible e berran xuntos ao longo dos 35 km que separan as cidades de Vigo e Pontevedra.
A inscrición permanece pechada xa a día 29 de maio. Haberá unha única taxa de inscrición: 20€
Se precisades transporte, a organización dispón dun autobús cuxo custo será de 5€ a máis da inscrición. Este servizo terá que especificarse ao realizar o inscrición. A ruta da Marcha Solidaria é a primeira etapa da volta a Galicia que David Gil realizou por primeira vez en 2009. Esta ruta vai dende Vigo ata Pontevedra e os participantes poden facelo andando ou correndo. O itinerario discorre polos concellos de Vigo, Redondela, Soutomaior e Pontevedra, coincidindo co Camiño Portugués en varias etapas. A saída será dende o CC Vialia de Vigo e a meta é a Praza da Peregrina de Pontevedra. 35 quilómetros separan ambas as cidades. Así:
Camiñantes: 9:30h.
Corredores e persoas con divesidade funcional en vehículos adaptados: 10:30h.
Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://www.asociacionfrangil.org/