Se tes entre 16 e 29 anos, estás inscrito/a en Garantía Xuvenil e o teu nivel de estudos completados é inferior a bacharelato ou FP de grao superior, esta iniciativa ofréceche unha excelente oportunidade de acceso ao mercado laboral.
Máis Mocidade combina formación acreditada (certificados de profesionalidade), formación en competencias transversais (competencias dixitais e orientación laboral) e prácticas non laborais en empresas.
¿Que ofrece Máis Mocidade?
Un itinerario completo que combina:
- Formación acreditada con certificados de profesionalidade (niveles 1 e 2)
- Obradoiros de habilidades dixitais
- Orientación laboral personalizada
- Prácticas non laborais en empresas
- Actividades presenciais en grupo para mellorar as túas habilidades sociais e profesionais
Aínda que a formación teórica é en liña, o programa inclúe sesións presenciais e prácticas en empresas situadas en Vigo, así que é importante que poidas desprazarte ata a cidade.
Este programa está baseado nun estudo previo do mercado laboral de Vigo e arredores, o que garante que a formación está orientada a sectores con alta demanda.
Prazo para inscribirse: ata o venres 23 de maio
¿Queres inscribirte ou necesitas máis información?
Chama ao 661 184 726 (de luns a venres, de 8 a 14 h) ou escribe a maismocidade2425@gmail.com
¡Aproveita esta oportunidade para mellorar a túa empregabilidade e acceder a novas saídas profesionais!




