Tanto dende o Concello como dende a Asociación Deportiva animan a toda a mocidade a participar nesta festa do atletismo, que conta xa con máis de 140 inscritos, sobre todo nas categorías dos máis pequenos e pequenas. Trátase dunha carreira popular “no que o máis importante é fomentar os valores do deporte e os hábitos de vida saudables”. Haberá medalla para todos os participantes.
As inscripcións para a proba son gratuitas, e deben realizarse na páxina web de Cronotec. O prazo para apuntarse está aberto ata o 4 de setembro e pódese pedir máis información o teléfono de contacto é o 667833100.
- 19:00 horas | Sub 18 2.300m, aproximadamente.
- 19:15 horas | Sub 16 1.500m, aproximadamente.
- 19:30 horas | Sub 14 800 m, aproximadamente.
- 19:40 horas | Sub 12 500 m, aproximadamente.
- 19:55 horas | Sub 10 200m, aproximadamente.
- 20:15 horas | Sub 8 e Pitufos entre 50 e 150 metros.
En concreto,a cita desenvolverase ao longo de 50 metros para o caso dos máis pequenos e 2,3 kilómetros para as categorías superiores. A proba comezará as 19:00 horas na rúa Alfonso XII e a meta estará ubicada fronte a casa do Concello.