GUÍA 10 PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES SOBRE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Tes dúbidas acerca das Asociacións? Non sabes se require dun mínimo de persoas? ou que beneficios podes obter con esta organización? Te lo contamos.
1.Cal é o número mínimo e máximo de persoas para constituír unha asociación?

Tres, pero non existe un máximo, xa que se entende que a vontade é unir o maior número de persoas posibles.

2.É necesaria unha aportación patrimonial para constituír unha asociación?

Non, chega coa vontade de tres ou máis persoas de agruparse para conseguir unha finalidade común de interese xeral ou particular. O único diñeiro necesario é o de pagar as taxas de inscripción en rexistros, asesoría de ser o caso, etc. 

3.Como se dirixe e administra unha asociación sen ánimo de lucro? 

Mediante a Asamblea xeral que é o órgano supremo de goberno da asociación, integrado polos asociados, que adopta acordos polo principio maioritario ou de democracia interna e deberá reunirse polo menos unha vez ao ano. 

4.É necesario que todos os membros da xunta directiva sean socios?

Si, así o esixe a lei. 

5.Unha asociación pode ter beneficios? 

Si poderá ter beneficios, pero deberán destinarse exclusivamente ao cumplimento dos seus fins, sen que exista reparto entre os asociados ou os seus achegados, nin a súa cesión gratuita a persoas físicas ou xurídicas con interés lucrativo.

6.Responden os socios das deudas da asociación?

Non, pero deberán responder ante a asociación os asociados e terceiros polos danos causados e as deudas contraídas polos actos dolosos, culposos e neglixentes.

7.Pódese suceder na condición de asociado?

A condición de asociado é intransmisible, salvo que os Estatutos dispoñan outra cousa, por causa de morte ou a título gratuito.

8.Poden fusionarse as asociacións? 

Si,existen dúas posibilidades: a constitución dunha nova asociación por fusión de duas ou máis existentes ou por absorción dunha ou varias asociacións por outra xa existente.

9.Qué documentos deben presentarse para constituir unha asociación? 

A solicitude de inscripción inicial, acta fundacional, estatutos, autorización para a comprobación dos datos, copia do NIF da asociacións e xustificante da tasa de pago. 

10.Onde debe inscribirse unha asociación sen ánimo de lucro?

As que teñan un ámbito de actuación que exceda unha comunidade autónoma no Rexistro Nacional de Asociaciones. As que estén restrinxidas a unha única comunidade, no correspondente Rexistro Autonómico.

Máis información

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *