O Centro Comercial Gran Vía pon en marcha “Gran Vía Suma“, unha campaña para organizacións sen ánimo de lucro con proxectos sociales, medioambientais ou de benestar animal na área de Vigo. A iniciativa está dirixida a todas as entidades sen ánimo de lucro cuxa sede central ou sucursal se encontre ubicada na área de Vigo (Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo). A actividade destes organismos, que co seu traballo conseguen mellorar o entorno, debe estar vinculada a área da educación, muller, igualdade, infancia, mozos, terceira idade, deporte, familia e benestar, medioambente e saúde, benestar animal, discapacidade e dependencia, vítimas, afectados, perxudicados e solidaridade a través da cal poderán obter unha aportación económica de 2.000 € para impulsar o proxecto presentado.
O CC Gran Vía de Vigo publicou os vídeos recibidos ata o día 17 de abril, intre no que se pechou o prazo de inscripción do concurso e que deu paso ao seguinte periodo, as votacións dos usuarios. Esta votación comprende dende o 22 ao 28 de abril as 23:59 horas. Unha vez contabilizados os votos se dictaminaran os tres proxectos finalistas, que serán valorados por un xurado formado pola Dirección da área comercial.
Tras unha primeira etapa de inscripción e presentación de proxectos, o centro comercial pon en marcha agora a fase de votación pública entre máis de 30 entidades, permitindo a todas as persoas involucrarse directamente na selección do proxecto que máis lle inspire.
O martes 30 de abril, un xurado composto pola dirección do centro comercial elixirá ao gañador entre os proxectos máis votados que cumpran cos requisitos establecidos nas bases do concurso. O veredicto se anunciará o mesmo día, e a organización gañadora percibirá 2.000 euros para impulsar o seu proxecto.
“Gran Vía Suma” non só busca premiar a unha asociación, senón que actúa de altofalante e escaparate dos proxectos, poñendo en valor o papel fundamental que estas representan na sociedade de Vigo e a súa área.