A Asociación Veciñal de San Miguel de Oia e o Concello de Vigo organizan o 29 de setembro a celebración das festas na honra a San Miguel de Arcanxo.
O domingo 29, comezan as festas ás 11:30 horas da mañá coa entrada da Banda de Música Lira de San Miguel de Oia. Ás 12 horas celebrarase a misa solemne cantada pola “Coral Polifónica de Lira”, seguida do concerto da “Banda de Música Lira de San Miguel de Oia”.