FESTAS NA HONRA A SANTA MARIÑA – CABRAL 2024

Programación pechada!! O Concello de Vigo e mais a Comunidade de Montes e Man Común organizan esta festa que conta coa programación que inclúe verbena dous días seguidos coas orquestras A Fórmula e Capitol, Discoteca móvil Chocolate e a Banda de Onte. Ademais, haberá carreira de carros de bolas e unha gran sorpresa o derradeiro día para despedir a festa.

Programa 2024

Xoves 18 de Xullo, comezan as festas de Santa Mariña de Cabral, no municipio de Vigo,ás 20:00 horas coa celebración da misa solemne en honor á Patroa, socios falecidos e colaboradores, cantada pola Coral Ondas do Mar de Vigo.

Venres 19, ás 22:00 horas, haberá unha gran verbena amenizada pola orquestra A Fórmula e discoteca móvil Chocolate.

Sábado 20, ás 17:00 horas se disputará a tradicional XVI Carreira de Carros de Bolas.A orquestra Capitol e o grupo A Banda de Onte serán os encargados de amenizar a verbena da noite, dende as 22:00 horas.

Domingo 21, ás 10:00 horas comezará o pasarrúas da Banda de Música as Delicias CCR Cabral, dando paso,ás 12:00 horas, á misa solemne cantada pola Coral Alborada de Cabral, seguida de procesión e das tradicionais puxas. Ao rematar os actos litúrxicos, terá lugar o concerto da Banda de Música As Delicias CCR Cabral.

Pola tarde, ás 17:00 horas, os máis novos poderán desfrutar da Festa Infantil e cucañas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *