Programa 2024
Sábado 3 de Agosto, darán comezo as festas na honra a Nosa Señora das Neves, ás 8:00 horas, coa tirada de 21 bombas de palenque, e ás 11:00 horas sairán os pasarrúas de xigantes e cabezudos amenizada pola Banda Municipal de Redondela. Pola noite terá lugar unha gran verbena a cargo do grupo Tormenta.
Domingo 4, ás 17:00 horas, terán lugar as típicas cucañas e a partires das 23:00 horas comezará a verbena que estará amenizada pola orquestra Alabama.
Luns 5, comeza o día de festa ás 12:30 horas coa celebración da misa maior na Carballeira da Guía, cantada pola Coral de Teis. Despois da misa se poderá desfrutar coa actuación do grupo Sen Reserva.
Pola noite a verbena de fin de festas correrá a cargo da orquestra Pontevedra.