FESTA NA HONRA A VIRXE DOS AFLIXIDOS DE ZAMÁNS

Programación pechada!! No Concello de Vigo o ritmo da orquestra Kubo tomará de novo as rúas. Esta vez, será en Zamáns, onde a agrupación desplegará o seu escenario, considerado como o mais grande de Europa para celebrar as festas na honra a Virxe dos Aflixidos.

A parroquia de Zamáns, en Vigo, celebrará as súas festas patronais na honra a Virxe dos Aflixidos do venres 30 de agosto ao luns 2 de setembro, cunha axenda de actividades que pon o foco na música e na gastronomía, co reparto de empanada gratis aos socios o primeiro día de festexos.

En total serán catro días de festas nos que a diversión estará máis que asegurada e é que os veciños de Zamáns poderán bailar nas verbenas, unha delas protagonizada pola emblemática orquestra galega París de Noia, e rir no concurso de cucañas.

O programa do sábado 31 inclúe un pasarrúas coa charanga Noroeste e unha actuación nocturna de New York & Triunfo, mentres que ao día seguiente, o domingo 1 de setembro, actuará o trío A Noite do Grove, a orquestra París de Noia e A Banda de Onte.

As festas da parroquia de Zamáns, en Vigo, unirán a comunidade durante a celebración da misa e procesión amenizada pola Banda de Música Val Minor e tamén durante o concurso de cucañas. En derradeiro lugar, e non por isto menos importantes, “Kubo” e “Furia Xoven” pecharán os festexos cunha gran verbena as 22:00 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *