FESTA MEXICANA EN SALCEDA DE CASELAS

Programación pechada!! A Asociación Xóvenes A Turonia organiza en colaboración do Concello de Salceda de Caselas no Centro Cultural de Entenza o próximo 7 de setembro a celebración da Festa Mexicana, non quedes sen probar a súa gastronomía.

Sombreros, tacos, faxitas e nachos así como os típicos chupitos de tequila ao son das rancheiras. Todo isto é o que reinará na parroquia de Entenza, en Salceda de Caselas, o próximo sábado 7 de setembro a partires das 20:00 horas coa celebración da Festa Mexicana. Ademais, a organización ten activo activo un sorteo no que os participantes poderán gañar un menú degustación.

Desta forma, o Centro Cultural de Entenza convertirase nunha delegación de México en medio do rural de Salceda de Caselas con diferentes propostas como actuacións de mariachis, comida típica do país así como dos tradicionais chupitos de tequila. Ademais, haberá actuacións musicais coas que a parroquia de Entenza se cheará de rancheiras para rematar de completar esta viaxe a México sen saír deste municipio da comarca de A Louriña.

Proposta gastronómica

A Festa Mexicana inclúe unha propuesta gastronómica cun  total de tres pratos con ata cinco variedades diferentes coa que as personas que asistan poderán viaxar ata o país mexicano sen necesidadeede tomar ningún tipo de transporte.

Así, haberá un posto que oferte tacos, fajitas de pollo, setas e de xamón doce con queso así como nachos que se poderán mollar ben con pico de gallo ben con guacamole. Ademais, todo isto se poderá consumir en forma de menú degustación a un prezo de 20 euros, que tamén irá acompañado dun chupito de tequila co obxectivo de que a inmersión na gastronomía mexicana sea total.

Música

Non faltará a música típica deste país, así como as rancheiras que prepararon dende a organización, a Asociación Xuvenil de Entenza. Así, a gastronomía, os ponchos e as notas encargaranse de crear o clima propicio para trasladarse ata o país sen saír de Salceda de Caselas.

Concurso de mexicanos e mexicanas

As personas que se animen a participar na Festa Mexicana poderán facelo, ademais, coa vestimenta propia dos mexicanos e as mexicanas. O seu empeño e dedicación poderán ter premio xa que este evento inclúe un concurso que recoñecerá a mellor proposta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *