FESTA DA COCA REDONDELA 2025

🎉Do 18 ao 22 de xuño Redondela prepárase para vivir as Festas da Coca 2025!
A vila encherase de tradición, música e cor cunha programación chea de actividades para todos os públicos.
📣 Animamos ás asociacións e á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha festa única, declarada de Interese Turístico de Galicia. 💃🐉

A lenda da Coca é un dos mitos máis importantes de Redondela, o que dá orixe a un dos festivos máis coñecidos do municipio.

Di a lenda que hai séculos vivía en Redondela un dragón que usaba a máis fermosa das mulleres da aldea para o seu foxo, situado debaixo da ponte da Illa de San Simón. Os mariñeiros máis novos da cidade, fartos das maldades da bicha, decidiron darlle caza levantando as súas espadas, e, tras unha longa batalla estes saíron vitoriosos. Unha vez morto o animal, os mozos rescataron as prisioneiras e levaron o corpo da bicha ao centro da vila, onde os mariñeiros, aproveitando as espadas uns dos outros, empezaron a bailar arredor do tormento ao que deran fin.

Para lembrar esta historia antiga, cada ano na procesión do Corpus Christi desfila polas rúas a figura da Coca e realízase a «Danza das Espadas e das Penlas». Tamén é de especial interese para ver as alfombras florais feitas para o paso da procesión da Virxe «Gabacha».

A tradición acabou convertida nun evento espectacular foi declarada de Interese Turístico Galego con duración de varios días, nos que se gozan dunha ampla gama de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas.

Programación destacada

MÉRCORES 18 DE XUÑO

  • 18:00 h  Desfile de Xigantes e Cabezudos polas rúas de Redondela, acompañados polo grupo de gaitas Airiños de San Simón.
  • 19:30 h Concerto da Orquestra de Saxos de Redondela na Praza do Concello.
  • 20:00 h  Acto inaugural na Praza do Concello:
    Lectura do pregón por Manuel Conde Docampo.
    Relevo das Penlas: Elena Iglesias Estévez e Leire Piñeiro Lalín.
    Homenaxe ás alfombristas e ex xefes da Danza das Espadas.
    Acendido da iluminación das festas.
  • 22:00 h  Concerto da Orquestra Panorama City no Campo da Feira.

Toda a noite  Comezo da elaboración das alfombras florais polas rúas de Redondela.

XOVES 19 DE XUÑO

  • 11:00 h – Traslado da Virxe “A Gabacha” da Igrexa de Vilavella á de Santiago, con Danza das Espadas, Penlas e Banda de Música.
  • 12:00 h
    -Desfile da Coca cos Mordomos, Diañiños, Xigantes e Cabezudos ao son do grupo Son do Castro.
    -Misa Maior na Igrexa de Santiago.
  • 13:00 h  Procesión polas rúas con alfombras florais, acompañada da Banda de Música de Redondela. Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.
  • 19:30 h  Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona na Alameda de Castelao.
  • 22:00 h  Concerto da Orquestra Marbella no Campo da Feira.
  • 16:30 h  Ruta en barco pola Illa e Enseada de San Simón. Saída dende o pantalán do Museo Meirande.

VENRES 20 DE XUÑO

  • 10:30 h  Alborada a cargo da Banda Municipal de Redondela.
  • 11:30 h  Retorno da Virxe “A Gabacha” á Igrexa de Vilavella.
  • 18:00 h  Torneo de Balonmán na Rúa na Xunqueira e Alameda.
  • 19:30 h
    -Concerto de Perfectos Extraños (Campo da Feira).
  • 20:30 h  Retroblues
  • 21:30 h  Grupo América de Vigo – Pase 1
  • 23:00 h – Elëven
  • 00:00 h – Heredeiros da Crus
  • 01:30 hGrupo América de Vigo – Pase 2

SÁBADO 21 DE XUÑO

  • 11:00 h  Alborada a cargo da Banda de Música de Arcade.
  • 18:00 h  Concerto da Banda de Música de Arcade na Alameda de Castelao.
  • 22:00 h – Concerto da Orquestra Gran Parada (Campo da Feira).
  • 01:00 h – Concerto de Grande Amore.
  • 02:30 h – Sesión DJ con Rodri Vegas.

Durante o día  Elaboración das alfombras florais nas rúas de Vilavella.

  • 11:30 h e 17:30 h – Rutas en barco dende o Porto de Cesantes e o Museo Meirande.

DOMINGO 22 DE XUÑO

  • 10:00 h  Alborada da Banda de Música de Chapela.
  • 12:00 h
    -Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños, ao son do grupo O Carballo das Cen Pólas.
    -Misa na Igrexa de Vilavella.
  • 13:00 h  Procesión polas rúas con alfombras florais. Danza das Espadas e Penlas na Praza de Ribadavia.
  • 18:00 h  Concerto da Banda de Música de Chapela na Alameda.
  • 19:00 h  Actividade Patina na Rúa na pista da Xunqueira.
  • 22:00 h  Concerto da Orquestra Olympus no Campo da Feira.
  • 16:30 h e 17:30 h  Últimas saídas en barco dende o pantalán do Museo Meirande.

Rutas en Barco pola Illa e Enseada de San Simón 🚤

  • Saídas:
    -Xoves 19: 16:30 h (Museo Meirande)

-Sábado 21: 11:30 h (Porto de Cesantes) e 17:30 h (Museo Meirande)
-Domingo 22: 16:30 h e 17:30 h (Museo Meirande)

Prezo: 6 € por persoa
Entradas á venda no Museo Meirande, Oficina de Turismo de Redondela ou en crucerosangel.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *