EXPOSICIÓN ITINERANTE ÉRGUETE-INTEGRACIÓN

Có lema " A pobreza non se elixe" da man da Fundación Érguete - Integración achegámosvos a posibilidade de apreciar unha exposición de fotografía que vos deixará perplexo.

Trátase dunha mostra de instantáneas acompañadas de textos explicativos, que mostran a realidade das persoas sen fogar e en situación de exclusión social severa. Falamos desa xente que son privadas ao acceso a un traballo, a unha vivenda e aos recursos económicos necesarios para o seu sustento. Persoas que se enfrentan á soledade, á rutura dos seus vínculos sociais e familiares e, en consecuencia, á perda da verdadeira rede social imprescindible para a vida.

Entre as imaxes elixidas atopamos así, sete miradas profundas que o fotógrafo Andrés Terraza (Foxspain Fotografía) nos ofrece coa posibilidade de achegarnos as difíciles historias de supervivencia daquelas persoas que viven na rúa.

“Olladas sen Receos” procura e fai fincapé na búsqueda de espazos medianamente iluminados coa posibilidade de ofrecer seguridade, ou un descanso sobre uns cartóns que separen o corpo do frío chan.

Estas son algunhas das situacións ás que nos podemos asomar, sen recelos a través destas imaxes.

Se queres saber máis acerca desta asociación, clica na seguinte ligazón: https://www.fundacionerguete.org/

Xunto a este texto amosamos a programación da devandita exposición.

Días: do 1 de Xuño ao 11 de Outubro

Ubicación: Av. de Emilio Martínez Garrido, Vigo, Pontevedra

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *