ENCORDASS FIDDLE FEST EN REDONDELA (especial Rajasthan)

Programación pechada!! Imaxina, unha viaxe en barco con rumbo á Illa de San Simón, con violíns soando como protagonistas da música popular de diferentes culturas, como é a da República India. Pois isto é o que ofrece o Programa de Encordass Fiddle Fest este ano 2024! Clica xa!

Programa 2024

Encordass Fiddle Fest é un festival especializado no fiddle e a música de corda alternativa. Co violín como fío condutor, explora as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais con música galega nun espazo natural tan especial como é a Illa de San Simón.

Encordass Fiddle Fest celebrarase do 27 ao 30 de Xuño, na Illa de San Simón, inclúe viaxe en barco e unha visita guiada que ilustrará aos asistentes cun pouco de historia sobre este enclave tan especial.

A temática deste ano centrarase na música e cultura de Rajastán, estado da República India.

Ademáis das actuacións en vivo, o festival ofrecerá obradoiros de percusión e baile, mostras, actividades gastronómicas, xogos infantís, sesións vermú, foliadas, demostracións e moitas sorpresas máis.

Os asistentes poderán desfrutar dos seguintes concertos:

-Hari Ram dum Bopá

-Ragas & Talas

-Wild Strings Trío

-Raphael Maillet

-Blanche Oguey

-Katheryn Dohnner

-Toby Kuhn

-Petra Onderufova

-Active Mess

-Ghaveta

-Hugo Franco & Franc Xarau

-Sandra Castro

-Gom Goas

-María Pérez

-Germán Clavijo

-Beatriz Martínez

-Aleksander Kuzmíc

O prezo da entrada será desde 35€.

Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://encordassfiddlefest.com/edicion-rajasthan/ 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *