Cada 17 de maio, como proposta da Real Academia da Lingua Galega, Galicia homenaxea a aquela persoa que destaca pola súa aportación á nosa lingua, que hoxe é co-oficial có castelán. O promotor desa iniciativa foi o vigués de adopción: Francisco Fernández del Riego, escritor vinculado ao grupo Galaxia, unha das industrias culturais de Vigo máis significativas de finais do século pasado.
Para a Asociación Cultural de Bouzas, é un día grande na nosa vila, xa que levan 8 anos, honrándoa desde a Alameda, e este venres ás 12:30 h homenaxearán a Luisa Villalta coa actuación do grupo de integración floclórico Ardelume de Baíña e os bailes das Pandereteiras do Atlántida.
Achegádevos!
Como dato curioso aportamos dende as nosas oficinas que a Xunta e a empresa Renfe tamén celebran este día difundindo a imaxe de Luísa Villalta nos trens de Media Distancia e Avant.
Para máis información acerca deste evento clica na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/people/Asociaci%C3%B3n-Cultural-Vila-De-Bouzas/100064717207519/