BENEFICIARIOS
Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas e sen ánimo de lucro, comunidades de bens ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado, que, aínda que careza de personalidade xurídica poida levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da presente subvención.
Requisitos adicionais:
- As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación.
- As carrozas deberán ter unha altura máxima de 4,50 metros e un ancho máximo de 3,5 metros..
- Para poder optar aos premios é imprescindible que as comparsas acompañen a comitiva do Enterro do Berete nos actos programados para o sábado 8 de marzo de 2025 e que comeza coa concentración das comparsas ás 17:00 horas no lugar coñecido como “Alto da Encarnación” en Chapela, sendo ás 18:00 horas o inicio do desfile.
Exclusións:
- Non se considerarán como comparsas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetiran, no substancial, o seu disfraz.
CONTIA E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Destínase un crédito máximo de 3.000,00 € e distribuiranse segundo os seguintes criterios:
• 400 € as comparsas que teñan máis de 80 compoñentes e leven unha carroza
• 300 € as comparsas que teñan entre 56 e 80 compoñentes e leven unha carroza
• 200 € as comparsas que teñan entre 26 e 55 compoñentes e leven unha carroza
• 100 € as comparsas que teñan máis de 25 compoñentes sen carroza
PRAZO
O prazo de presentación será ata o 28 de febreiro
Máis información
Consulta a BASES E CONVOCATORIA QUE REXEN OS PREMIOS CON MOTIVO DO ENTROIDO DE CHAPELA “ENTERRO DO BERETE 2025″
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.