Obxecto
Concesión de subvencións, pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, mediante o réxime de concorrencia competitiva, para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais, conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
Beneficiarios e requisitos
Poderán ser beneficiarias da Liña II:
- As asociacións empresariais galegas sectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
- As organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
- As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
- Asociacións profesionais de persoas traballadoras autónomas rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais
Esta liña ten un orzamento de 98.996,98 € con cargo a aplicación orzamentaria 44.02.324A.481.1 código de proxecto 2023 00244, que se distribuirá do seguinte xeito:
- 49.498,49 € para as asociacións empresariais e asociacións profesionais de persoas traballadoras autónomas.
- 49.498,49 € para as organizacións sindicais e fundacións sectoriais paritarias.
Dacordo co exposto no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando a entidade beneficiaria sexa unha persoa xurídica, os membros asociados da entidade beneficiaria que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta da primeira terán, igualmente, a consideración de entidades beneficiarias.
Así mesmo, poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Non poderán ser entidades beneficiarias:
- As entidades e organizacións en quen concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- As administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
- As organizacións que se atopen integradas nunha entidade de ámbito federal ou confederal máis ampla, cando a federación ou confederación de que formen parte sexa tamén entidade beneficiaria desta subvención.
Accións subvencionables
- O ámbito xeográfico das actividades serán as empresas e as súas persoas traballadoras con domicilio social e centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Realización de actividades levadas a cabo entre o día 1 de xaneiro de 2024 e o 9 de decembro de 2024 coa finalidade de promover a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, especialmente nas pequenas empresas.
Serán subvencionables as seguintes accións conforme a dúas liñas:
- Liña 1: Intersectoriais
- Liña 2: Sectoriais:
a) Accións de información e promoción do cumprimento da normativa
- Esta convocatoria adaptase aos programas e orientacións xerais da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e o Plan estratéxico de subvencións, do organismo competente para a concesión das subvencións. Neste senso, as liñas prioritarias de actuación para desenvolver son as seguintes:
- Mellorar a prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais priorizando reducir os danos na saúde das persoas traballadoras.
- Xestionar os cambios derivados das novas formas de organización do traballo, os cambios demográfico e climático desde a óptica preventiva, priorizando anticiparse e xestionar os riscos novos e emerxentes.
- Mellorar a xestión da seguridade e saúde nas pemes priorizando integrar a prevención de riscos laborais nas pequenas empresas promovendo unha maior implicación de recursos propios.
- Reforzar a protección das persoas traballadoras en situación de maior risco ou vulnerabilidade.
- Introducir a perspectiva de xénero no ámbito da seguridade e saúde no traballo.
- Fortalecer o Sistema nacional de seguridade e saúde para afrontar con éxito futuras crises, a través da mellora da capacitación e formación en prevención de riscos laborais, con especial atención aos recursos preventivos.
Así mesmo, priorizaranse as actuacións recollidas dentro dos obxectivos estratéxicos da Estratexia de seguridade e saúde no traballo de Galicia: Horizonte 2027 (ESSTG27).
- Os recursos dispoñibles non poderán destinarse a financiar a realización de accións dirixidas ao cumprimento das obrigas preventivas empresariais, previstas nos artigos 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, ou en calquera outra prevista na normativa de prevención de riscos laborais
Gastos subvencionables
- As accións propostas e os gastos que deriven delas, que se detallarán no anexo II, poderán realizarse desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 9 de decembro de 2024, e a presentación da documentación xustificativa farase ata o 15 de decembro de 2024 de acordo co artigo 24
- Serán subvencionables os gastos derivados da subcontratación, segundo o previsto no artigo 12.
- O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.
Incompatibilidades e concorrencia
O cobramento destas subvencións será compatible coa percepción de calquera outra axuda pública ou privada da mesma natureza para a mesma actuación, excluíndo desta compatibilidade as ordes de axudas cos códigos de procedemento TR852A e TR852B desta mesma anualidade.
Criterios de valoración
A Comisión de Valoración examinará as solicitudes debidamente presentadas por cada unha das liñas de forma separada, de acordo cos criterios e a ponderación que a seguir se relacionan:
- Ámbito territorial de alcance da entidade (de 1 a 4 puntos).
- No caso de deseño e programación, información e difusión daráselles prioridade a determinadas materias: (0 ou 4 puntos).
- Taxa de estabilidade do persoal da entidade (de 0 a 4 puntos).
- Paridade entre a porcentaxe de homes e mulleres no cadro de persoal da entidade solicitante (de 1 a 3 puntos.
- Sinistralidade do sector a que vai dirixido a acción (de 0 a 5 puntos).
- Cofinanciamento da acción (de 0 a 2 puntos).
- Polo compromiso do emprego efectivo da lingua galega, e de conformidade con establecido no artigo 20.2.l) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (0-1 puntos).
Para información sobre a puntuación máis detallada deixámoste esta ligazón.
Contía
- Esta subvención financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 44.02.324A.481.1 da Dirección Xeral de Relacións Laborais, cun crédito por importe de 247.492,46 €, co código de proxecto 2023 00244.
- O financiamento correspondente para a liña II será do seguinte xeito: 40 % para as subvencións destinadas ao financiamento das actividades da liña 2: 98.996,98 €.
O importe máximo por solicitude non poderá superar os 5.000,00 €.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de setembro de 2024 e rematará o 28 de outubro de 2024.
Máis información
Acceso ó trámite e código de procedemento: TR852B
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou mandando un correo electrónico ó enderezo obradoiro.emprego@maiv.org.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.
Muy interesante la información!