Obxecto
Destínanse axudas para o ano 2024 para a realización de programas de interese xeral que atendan fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades.
Beneficiarios e requisitos
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
- As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial.
- As federacións, confederacións e agrupacións.
Enténdense como entidades, aquelas pertencentes ao terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo de cumprir os requisitos específicos establecidos no artigo 5 para cada liña de actuacións que se vai subvencionar, se é o caso:
- Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data de 17 de setembro de 2024 e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
- Carecer de ánimo de lucro.
- Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- Figurar nos estatutos das entidades solicitantes que os seus fins institucionais corresponden á realización e a execución de programas sociais de similar natureza á dos programas de interese xeral para fins de carácter social para os que solicitan a subvención.
- Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e na execución de, cando menos, un programa dos definidos no anexo I, liñas de actuación, dentro da mesma liña á cal concorre, e que se posúen os medios persoais e materiais necesarios para iso, mediante declaración responsable da persoa representante legal. Isto dependerá da liña á que pertenza.
Todos os requisitos deberán cumprirse na data de 17 de outubro e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
Accións subvencionables
- As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social. O contido dos programas deberá axustarse aos requisitos establecidos para as liñas de actuación sinaladas a continuación, segundo a tipoloxía de cada programa.
- Os programas desenvolveranse integramente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2025, sendo a data límite de presentación da documentación xustificativa o 15 de marzo de 2026, segundo o estipulado no artigo 23.
- Diferéncianse 4 liñas de actuacións:
- Liña I: Actuacións destinadas á xuventude
- Liña II: Actuacións destinadas ao voluntariado
- Liña III: Proxectos de investimento por parte das entidades xuvenís
- Liña IV: Proxectos de investimento por parte das entidades de acción voluntaria
O financiamento relacionado con estas liñas de accións pódese ver na seguinte ligazón.
Gastos subvencionables
Consideraranse como gastos subvencionables os que conten coas seguintes características:
- Que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios.
- Que se efectúen durante o ano 2025 e sexan efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación establecido no artigo 23.4, agás os impostos imputables á dita actividade devindicados con posterioridade á súa finalización e os gastos relacionados cos honorarios derivados da xustificación baixo a modalidade de conta xustificativa con achega de informe de auditoría recollida no artigo 23.5.
- Que teñan natureza de:
- Gastos do persoal da entidade
- Gastos do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos
- Axudas de custo e gastos de viaxe: serán subvencionables dentro desta partida as axudas de custo e gastos de viaxe do persoal adscrito ao programa.
- Gastos de xestión e administración
- Gastos de investimento no caso das liñas III e IV
- Bolsas de asistencia dirixidas a promover a participación das persoas beneficiarias nos programas de formación. A contía non poderá ser superior a 5 €/día.
- Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.
Non serán subvencionables os gastos orixinados polas actividades realizadas na condición de membros das xuntas directivas ou consellos de dirección das entidades.
Incompatibilidades e concorrencia
- A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.
- O importe da subvención concedida non poderá ser en ningún caso de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo do correspondente programa. En caso contrario, esta subvención reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
- No caso de entidades solicitantes que sexan perceptoras doutras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. En todo caso, deberán facerse constar de forma clara os conceptos e as partidas de gasto afectadas, así como os importes imputados a cada unha delas. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade ao 15 de marzo de 2026.
Contía
O orzamento mínimo de cada programa será de 5.000 €. O número máximo de programas para os que se poderá obter subvención por parte dunha mesma entidade ou agrupación, así como a contía máxima da subvención que se concederá para cada uns dos programas e proxectos presentados dentro de cada unha das liñas de actuación será o seguinte:
- Para a liña I: actuacións destinadas á xuventude:
- Entidades e asociacións de ámbito local ou provincial: unha contía máxima de 20.000 €.
- Federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións: unha contía máxima de 30.000 €.
- Para a liña II: actuacións destinadas ao voluntariado:
- Entidades e asociacións de ámbito local ou provincial: unha contía máxima de 15.000 €.
- Federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións: unha contía máxima de 30.000 €.
- Para a liña III: proxectos de investimento por parte das entidades xuvenís:
- Entidades e asociacións de ámbito local ou provincial: unha contía máxima de 10.000 €.
- Federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións: unha contía máxima de 20.000 €.
- Para a liña IV: proxectos de investimento por parte das entidades de acción voluntaria:
- Entidades e asociacións de ámbito local ou provincial: unha contía máxima de 10.000 €.
- Federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións: unha contía máxima de 20.000 €.
Criterios de valoración
Para a adxudicación das subvencións teranse en conta os criterios obxectivos de valoración e a ponderación que se amosa na seguinte ligazón.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 18 de setembro de 2024 e rematará o 17 de outubro de 2024.
Máis información
Consulta a ORDE do 5 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2024.
Código de procedemento: CT200A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou mandando un correo electrónico ó enderezo obradoiro.emprego@maiv.org.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.