Nova edición da andaina nocturna que se levará a cabo en Castro Barreiro, municipio de Salceda de Caselas, o sábado 21 de Septiembre a partir das 20.30 horas.
O punto de partida da andaina será desde o CCS Castro Barreiro.
O prezo de inscrición ascenderá a 6 euros.
Ao longo de 8 kilómetros, as persoas que participen nesta actividade se adentrarán por diferentes zonas do barrio, incluíndo a natureza que o rodea, e terán que superar probas de inxenio e físicas para seguir avanzado ata a meta. Según explican dende a organización, trátase dunhas probas que están destinadas a un público xeral para que poidan participar todos e todas.
¿Cómo participar na andaina nocturna de Salceda de Caselas?
As persoas que desexen participar deberán facelo en grupos dun mínimo de 6 participantes e dun máximo de 12. Ademáis, deberán levar unha luz para facilitar a visibilidade así como un chaleco. Terán que inscribirse antes do 16 de setembro no enderezo electrónico asociacionnsn@gmail.com, na cantina Barreiro ou no establecemento da perruquería Conchi Pérez.
O grupo terá que ir superando as probas ata chegar ao final desta andaina nocturna. Aquelas persoas que o consigan recibirán un xamón de premio.
As demais persoas que se queden sen o premio non se irán de vacío porque a asociación ten tamén un plan para eles. Este é, chocolate para todos os participantes que se animaron a descubrir os tesouros e segredos que se esconden trala noite no barrio de Castro Barreiro.