O Campionato Galego de Triatlón de Media distancia e Aquabike 2024 chega a Vigo.
- DISTANCIA
-1.9 km Natación.
-90 Km Ciclismo.
-21 Km Carreira a pé.
- RECOLLIDA DE DORSAIS E CHECK-IN DE MATERIAL
- SÁBADO 21 de Setembro de 16.00 a 20.00h
- DOMINGO 22 de Setembro de 07.00 a 07.40
Recoméndase facer o Check-in o día anterior á proba, os Boxes estarán pechados e Vixilados polo Persoal de Seguridade Privada.
Presentar a Licencia ou DNI será OBRIGATORIO.
Haberá habilitado un Gardaroupa ao carón da zona de Boxes
- TOMA DE TEMPOS
Cronometraxe
• O cronometraxe realizarase con dispositivos ChampionChip. Cada participante que non teña en propiedade o CHIP Amarelo recibirá un que deberá entregar para retirar a súa bici da transición ao rematar a proba.
• O chip será obrigatorio durante toda a proba.
- HORARIOS E TEMPOS DE CORTE
1.Horarios
- Saída Pro masculina: 8:15h
- Saída Pro e grupos de idade feminina: 8:17h
- Saídas Grupos de idade masculinos: Haberá varias saídas en función da participación de cada grupo entre 8:19h e 8:25h
2.Tempos de corte
- Segmento natación: 1h
- Segmento natación + ciclismo: 4h 35 min (Establécese un tempo de corte para a derradeira volta de bici as 3h45´) dende a derradeira saída.
- Segmento carreira a pé: Final Carreira: 15.00h
- PREMIOS
Tódolos Finishers recibirán un REGALO CONMEMORATIVO da proba.
Importante: Os trofeos e premios en tódalas categorías e disciplinas se entregarán exclusivamente na cerimonia de Entrega de Premios programada. En ningún caso serán enviados por mensaxeiro aos premiados unha vez rematada a cerimonia. Por respecto ao resto de gañadores que participan na Ceremonia de Entrega de Premios.
Premios e trofeos
Probas PRO masculina e feminina:
1.Premios económicos
- 1º Clasificado/a: 400 Euros
- 2º Clasificado/a: 200 Euros
- 3º Clasificado/a: 100 Euros
Aplicaranse as correspondentes retencións.
2. Trofeos por categorías aos tres primeiros/as nas probas PRO masculina y feminina:
- Absoluta
- Veterans
- GRUPOS DE IDADE
Medallas aos tres primeiros/as de cada grupo nas probas de grupos de idade masculinas e femininas .Os grupos de idade que se establecen son de 5 anos, masculinos e femininos, dacordo a normativa da Federación Española de Triatlón comezando no grupo 18-19.
- Podes inscribirte na seguinte ligazón https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2769/xi-triatlon-desafio-islas-cies-2024
Deixámoste o acceso á páxina web https://www.desafioislascies.com/triatlon-md-desafioislascies/