Vigo SeaFest regresa tras un ano de parón, do 11 ao 14 de xullo, aos xardíns de Elduayen (paseo das Avenidas) e ten como obxetivo principal promocionar o consumo de produtos pesqueiros nun ambente festivo, aproveitando o evento para destacar a calidade e variedade dos produtos que a frota de ARVI aporta ao mercado, as súas excelencias nutricionais e os beneficios que o seu consumo ten para a saúde da poboación. Ademáis disto, tamén desenvolveranse diferentes obradoiros e actividades durante os tres días e medio que durará o festival para resaltar a importancia socio económica do sector pesqueiro galego e español e, por extensión, do sector mar-industria.
Como partners, destacamos a Fundamar,entre outros, como son: Anfaco Cecopesca, Balfego, Rodosa Alpine, Femxa, HFICP, Cerco, Pereira, Rubiaco S.A.S., Gordejuela Pesca SL., Talasa Barbanza SL., Artisian Food, Atlantic Gate LTD, Farpesca SA., Pescaberbes SA., Pesquera Inter SL., Jucarpe SL., Estrella Galicia e Cabreiroá.
Durante esos días poderase desfrutar de concertos de acceso libre, actividades deportivas, showcookings, obradoiros para nenos e familias; tamén haberá visitas á lonxa, obradoiros de marisqueo ou de reparación e confección ou recorridos polo interior buque de Salvamento Marítimo .
Deixámoste a continuación a programación
O programa de actividades concentrarase concretamente o venres 12 de xullo, o sábado 13 o domingo 14, tanto en horario de mañá como de tarde. As actividades son de balde, aínda que o aforo é limitado e é necesario inscribirse previamente para poder participar, atendendo á idade recomendada de cada sesión.
Así, as inscripcións para as actividades infantís poderanse formalizar na caseta de información do propio festival, no paseo das Avenidas, desde o xoves 11 ás 19:00 horas ata una hora antes do comezo da sesión.
Por outro lado, para participar nas propostas de Vigo Pesqueiro, destinadas a todos os públicos e identificadas no programa cun símbolo azul en forma de ‘V’, débese cubrir un formulario (dispoñible eiquí) como día límite ata o 10 de xullo antes dlas 15:00 horas. Desde a organización confirmarase a plaza por correo electrónico. En caso de quedar prazas libres, será posible anotarse presencialmente na caseta de información do propio festival desde o xoves 11 ás 19:00 horas.
Se queres saber máis sobre este evento clica nos eguinte evento: https://vigoseafest.com/