Programa 2024
Festividade relixiosa en honor a Santa Ana que festexarase na parroquia de Beade, no municipio de Vigo, durante os días 25, 26, 27 e 28 de xullo.
Xoves 25 de Xullo, comeza a xornada co pasarrúas da Banda de Música San Miguel de Oia e Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores Ría de Vigo. Ás 12:00 horas oficiarase a misa solemne e ás 13:30 horas terá lugar o concerto da Banda de Música San Miguel de Oia.
Ás 22:30 horas comezará a verbena con orquestra A Kubo. Tamén os asistentes poderán desfrutar co espectáculo de luz e son Renovation Experiencie.
Venres 26, pola mañá haberá pasarrúas con Banda Escola de Música de Beade. Ás 12:00 horas oficiarase a misa solemne coa Coral do C.S.C.R de Beade, dando paso a entrega de regalos a os avós. Ás 13:30 horas a Banda Escola de Música de Beade ofrecerá un concerto en honor a os avós. Ás 20:00 horas a citada banda ofrecerá un novo concerto.
Ás 22:30 horas as orquestras Magos y Trébol animarán a verbena. Ás 00:00 horas terá lugar unha gran tirada de fuogos de artificio.
Sábado 27, o pasarrúas da mañá está a cargo da Banda de Gaitas Xaraval. Ás 12:00 horas oficiarase a misa solemne seguida ás 13:00 horas do concerto da Banda de Gaitas Xaraval.
Ás 17:00 horas sortearase a rifa A vaca da sorte e ás 22:30 horas comezará a verbena co grupo América de Vigo y Top Líder.
Domingo 28, na derradeira xornada festiva os asistentes poderán desfrutar pola mañá de unha gran sardiñada amenizada pola charanga Kostakrelos. Ás 17:00 horas comezarán as tradicionais cucañas e chegada a noite, dende as 22:30 horas, poderase desfrutar coas orquestras O Combo Dominicano e Ritmo Xoven.
Para máis información sobre esta festividade podes consultar a seguinte ligazón, no Perfil da Comisión de Fiestas de Santa Ana en Beade, ou ben a páxina oficial da Irmandade Santa Ana Beade.