FESTA DA ROSA

Festa rematada!! O municipio de Mos celebrará unha nova edición da Festa da Rosa, declarada Festa de Galicia de interés turístico a partir do 1 de xuño ata o 30 do mesmo mes. Os asistentes poderán desfrutar cós actos programados para a ocasión, como o tradicional Concurso de Ramos de Rosas e a degustación da deliciosa empanada de pan de millo.

A Festa da Rosa é a festa oficial deste Concello, e é un día festivo na localidade celebrándose sempre o 13 de xuño e xurdiu no ano 1973 para enxalzar a Rosa  dos Quirós, marqueses dos que se herdou o emblema presente no escudo do Concello.

Comeza a celebración no primeiro domingo de xuño (2 de xuño) coa Festa da Empanada e Pan de Millo. Despois celébranse unha extensa variedade de actividades cunha gran oferta gastronómica, cultural e deportiva que se desenvolve ao longo de todo o mes de xuño

Programación da festa

Sábado 8
–Escape Room ás 11:00 horas. Pazo de Mos e Paseo do Louro (previa inscrición aquí)
–Concerto de Francisco Castro & A Banda dos Borges ás 21:00 horas. Pazo de Mos

Domingo 9
–VIII Festival Infantil Canto Conto durante todo o día. Pazo de Mos

Jueves 13
–Festa da Rosa a partir das 09:00 horas ata as 11:00 horas; exposición e apertura dos concursos de rosas e do concurso de empanadas de pan de millo.
–Misa solemne a las 11:00 horas.
–Pregón ás 12:00 horas a cargo de Tamara García.
–Entrega de premios ás 12:15 horas.
-Actuación musical de Sisters In The House ás 13:00 horas.
–Exaltación da Empanada de Millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais de Mos ás 13:30 horas.
–Obradoiros infantís e hinchables ás 17:00 horas.
–Concerto infantil ás 19:00 horas.

*Campamento infantil de conciliación A Rosiña (alumnos/as de infantil e primaria).
De 09:00 a 14:00 horas. Pazo de Mos; Precio: de balde. Actividades: obradoiros, hinchables, música…
Inscripcións (do 3 ao 7 de Xuño no Rexistro municipal e na sede electrónica http://www.mos.es/)

Sábado 15
–Xuntanza de Palilleiras de Mos ao longo do día. Pazo de Mos.
–I Torneo Feminino Clube Louro Tameiga «As Rosas» todo o día. Campo de Fútbol CotoTorrón.
–Probas nacionais de hípica. Clube Hípico Alazán.

Domingo 16
–Probas nacionais de hípica. Clube Hípico Alazán.
–Animación infantil con Isla Letriska ás 18:00 horas. Pazo de Mos.

Sábado 22
–Festa da Hostalaría BARESMOS “III Xuntanza Gastronómica”
–VII Trofeo de patinaxe “Vila da Rosa». Pavillón Óscar Pereiro.
–I Torneo de Festa da Rosa (X Aniversario Xadrez Mos) ás 16:00 horas. Multiusos das Pozas.

Domingo 23
–VII Trofeo de patinaxe “Vila da Rosa”. Pavillón Óscar Pereiro.

Sábado 29
–Festival de Baile Patricia Martínez ás 19:30 horas. Multiusos das Pozas.
–Os Segredos da Noite; Iniciación ao ceo nocturno (vista de estrelas) ás 22:00 horas. Punto de encontro: Pedrapinta Mos.

Domingo 30
–Festival de habaneras ASOMAMOS ás 19:00 horas. Auditorio de Torroso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *