SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN PRÁCTICA DE PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE GALICIA

Prazo pechado!! A Xunta de Galicia dende xa otorga as subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia. Non agardes máis.
Obxectivo

 Financiar programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas: 

  1. Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2023 superior a 500 persoas no ámbito territorial do proxecto.
  1. As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

Non poderán ser beneficiarias neste último, as entidades que  teñan a condición de axencia de colocación e perciban como tales financiamento público a través de contratos, subvencións, axudas, convenios ou calquera outro instrumento xurídico destinado á promoción da inserción laboral para o mesmo ámbito territorial e período temporal.

Requisitos
  1. Facer constar na epígrafe de recursos humanos, que contarán cunha persoa con dedicación mínima ao programa do 60 % dunha xornada completa na data de inicio que figure no anexo de resolución. Esta exixencia implica que, desde o momento da concesión da subvención, a entidade ten que contar cun mínimo dun efectivo coa imputación mencionada anteriormente, capaz de levar a cabo a selección de persoas demandantes e, unha vez seleccionadas, poñer en marcha o resto das accións do programa nun prazo máximo de tres meses contado desde a data de inicio que figure no anexo de resolución.
  1. Para os efectos de lograr unha mellor e máis ampla distribución do importe da convocatoria, unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude.
  1. Todas as entidades que non fosen beneficiarias nos últimos 5 anos de programas integrados de emprego deberán acreditar experiencia, durante un mínimo de 1 ano dentro dos 5 anos anteriores a 11/06/2024.
  1. Que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.
Accións subvencionables

Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que desenvolvan, con carácter obrigatorio, as seguintes accións: 

  1. Información, orientación e asesoramento. 
  1. Formación.

2.1. Accións formativas constituídas por calquera das especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal, previsto no artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro (BOE núm. 217, do 10 de setembro) non vinculadas a certificados de profesionalidade. O total de horas desta formación que se lles deberá ofrecer ás persoas demandantes que formen parte do programa deberá ser, como mínimo, de 200 horas.

2.2. Outra formación non vinculada a certificados de profesionalidade non incluída no punto anterior.

Toda a formación dos puntos anteriores poderá ser subcontratada e/ou desenvolvida por persoal ordinario da entidade, persoal contratado especificamente para a execución do programa ou por persoal traballador por conta propia contratado exclusivamente para impartir esta formación. O importe subcontratado non poderá superar o límite do 30 % do custo final da actividade subvencionada.

  1. Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  1. Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  1. Fomento da capacidade emprendedora. 
  1. Prospección empresarial. 
  1. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  1. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico-práctico das accións formativas. O número mínimo de persoas demandantes que deberán levar a cabo as prácticas é de 15.
  1. Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures), así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.
Tipos e características dos programas integrados

Distínguense os dous seguintes tipos de programas:

A. Programas integrados destinados exclusivamente a mulleres de calquera dos colectivos especificados na seguinte liña.

B. Programas integrados destinados a persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos prioritarios:

  1. Persoas con discapacidade.
  2. Persoas en risco de exclusión social e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.
  3. Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero.
  4. Persoas menores de 30 anos con baixa cualificación.
  5. Persoas migrantes cunha autorización de residencia temporal por motivo de arraigo para a formación.
  6. Persoas menores de 30 anos cualificadas.
  7. Persoas maiores de 45 anos.
  8. Persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia non incluídas na letra b).
  9.  Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
  10. Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce meses anteriores á data de maio de 2024.
  11. Mulleres.
  12. Persoas desempregadas de longa duración.
  13. Persoas inmigrantes.
  14. Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.
Gastos subvencionables

 Serán gastos imputables unicamente os gastos realizados e efectivamente pagados, producidos en centros situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Clica aquí se queres saber máis sobre estes gastos.   

 Incompatibilidades e concorrencia
  • As persoas seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e non poderán participar, simultaneamente, noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación no programa integrado. 
  • Con carácter xeral, as persoas participantes nos programas integrados de emprego non poderán simultanear a súa participación no programa con outras accións de formación financiadas con cargo a fondos públicos. 
  • No entanto, si que poderán ser seleccionadas para participar naquelas medidas das políticas activas de emprego que supoñan unha contratación efectiva.
Criterios de valoración

 A concesión das subvencións realizarase conforme os seguintes criterios:

A. Para todas as solicitudes.

B. Proxectos presentados por concellos resultantes dun proceso de fusión municipal nos 10 anos anteriores a 11/06/2024.

C. Para as solicitudes presentadas conxuntamente por agrupacións de concellos baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade…) agás a fusión de concellos.

D. Os concellos que teñan a condición de «Concello emprendedor» acreditado segundo o disposto no artigo 6.1

Para coñecer esta puntuación máis ampliada cilca na seguinte ligazón.

Contía

O financiamento das axudas farase polos importes de 1.000.000 e 1.567.000 euros na anualidade de 2024, e 3.000.000,00, e 4.701.000,00 euros, respectivamente, na anualidade de 2025, correspondentes a fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

A contía máxima da subvención que se concederá será de 2.200 euros por cada persoa desempregada participante.

Ademais, establecerase na resolución unha redución no importe total da subvención se non se conseguen os obxectivos previstos. Esta redución calcularase coa seguinte fórmula: 

Factor inseridos: 0,70 (70 % do total da subvención). 

Factor atendidos: 0,30 (30 % do total da subvención). Importe total da subvención = (custo persoa inserida * nº persoas inseridas) + (custo persoa atendida * nº de persoas atendidas).

  •  En ningún caso, o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade solicitante.
  • Estas axudas serán incompatibles con calquera outra que financie as mesmas actividades que se recollan na memoria explicativa do programa integrado de emprego presentada coa solicitude da subvención.
Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 12 de xuño de 2024  e rematará o 11 de xullo de 2024.

Máis información

Acceso ó trámite de procedemento

       Código de procedemento: TR332A

Consulta a ORDE do 28 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR332A).

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *