PROGRAMA +CONVIVENCIA

Se formas parte dunha asociación de mulleres, de maiores, veciñal e cultural ou ANPA isto interésache.
Obxecto

O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna.

Este programa aposta por darlles maior autonomía ás entidades participantes para escoller as actividades socioculturais que máis interese lles susciten dentro do catálogo de actividades socioculturais

Beneficiarios

As entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, asociacións de maiores, asociacións veciñais e culturais e ANPA que teñan a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra.

Gastos subvencionables
  • Serán obxecto de subvención aqueles gastos previstos a continuación e derivados da realización dalgunha das actividades enmarcadas dentro do catálogo de “+Convivencia” que se realicen ata o 15 de decembro de 2024.
  • Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, como, por exemplo:

-Entradas ou similares.

– Medios de transporte.

-Axencias de viaxes.

– Guías oficiais de Galicia.

– Seguros necesarios para o desenvolvemento da actividade.

  – Restauración ou catering, que non poderán exceder do 50 % do gasto subvencionable (máximo 500

euros).

  • Para poder beneficiarse deste programa, a actividade deberá contar cun número mínimo de 50 persoas participantes.
  • Excepcionalmente, no suposto de que para realizar a actividade se precise contratar autobús, e viaxen persoas con mobilidade reducida que precisen de cadeiras de rodas ou doutras axudas técnicas, o número mínimo de participantes poderá ser de 34. Esta circunstancia deberá sinalarse na memoria de solicitude.
Contía
  • A contía prevista para esta convocatoria de subvencións, con cargo á aplicación 24/231.2311.480.05 do Orzamento xeral da Deputación para o ano 2024, ascende a douscentos vinte mil euros (220.000) euros, que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria. 
  • Só se concederá unha subvención por entidade. O importe máximo da subvención para cada actividade será de mil (1.000) euros.
Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 15 de abril de 2024 e finalizará o 1 de decembro de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “+CONVIVENCIA” E CONVOCATORIA DE 2024

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *