CONVOCATORIA PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA 

Prazo pechado!! Xa temos aquí a convocatoria para proxectos de enerxía fotovoltaica co obxectivo de fomentar a utilización de fontes de enerxía renovables. Non dubides en solicítala xa mesmo!
Obxecto

Apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables limitados a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo.

Beneficiarios
  • As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
  • As entidades sen ánimo de lucro.
  • Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
Requisitos dos proxectos a subvencionar
  • Cumprir o Regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT) ou de alta tensión, se for o caso.
  • A potencia máxima dos paneis fotovoltaicos do proxecto será de 1000 kWp.
  • Para as instalación fotovoltaicas, o investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polos seguintes valores:

Se o proxecto leva baterías consideraranse custos sen IVE de 750E/kWh de capacidade de acumulación. As baterías de plomo-ácido non serán elixibles

  • As axudas reguladas por esta orde atenderán ao principio de “non perxudicar significativamente” a ningún dos obxectivos medioambientais establecidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.
Actuacións subvencionables

O servizo enerxético prestado pola empresa de servizos enerxéticos consistirá nun

conxunto de prestacións incluíndo a realización de investimentos inmateriais, de obras ou de subministracións necesarias para optimizar a calidade e a redución dos custos enerxéticos. Esta actuación poderá comprender ademais da construción, instalación ou transformación de obras, equipos e sistemas, o seu mantemento, actualización ou renovación, a súa explotación ou a súa xestión derivados da incorporación de tecnoloxías eficientes.

O servizo enerxético así definido deberá prestarse baseándose nun contrato que deberá levar asociado un aforro de enerxía verificable, medible ou estimable

Serán subvencionables as actuacións que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e os proxectos  con actuacións en:

  • Os paneis solares fotovoltaicos.
  • O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medidas e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de plomo ácido.
  • O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema
  • O custo de montaxe e conexionado.
Investimentos non subvencionables
  • Os proxectos que non cumpran cos requisitos técnicos mínimos citados anteriormente.
  • Non se admitirán no orzamento partidas alzadas, todas as partidas deberán levar as súas correspondentes medicións.
  •  Non son subvencionables:

a) O IVE (imposto sobre o valor engadido), excepto cando non sexa recuperable. As administracións locais non teñen a consideración de suxeito pasivo, nos termos previstos no artigo 13, número 1 da Directiva 2006/112/CE do Consello, polo que o IVE soportado por estes considerarase subvencionable. En todo caso aquelas persoas xurídicas que gocen da exención de IVE, ou dun réxime de pro rata, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración Tributaria ou documentación acreditativa da pro rata do último exercicio.

b) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral. 

c) As obras de mantemento. 

d) A obra civil non asociada á instalación dos equipamentos nin os gastos de legalización. 

e) Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía da axuda

A intensidade máxima da axuda, segundo tipo de beneficiario, será a seguinte:

A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Para o cobramento da subvención concedida a persoa beneficiaria deberá xustificar previamente o investimento, ademáis este deberá estar plenamente realizado na data límite de xustificación do proxecto. 

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes comenzará o 20  de marzo de 2024 e finalizará o 19  de abril de 2024.

Máis información

Consulta as Bases Reguladoras nesta ligazón.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Acceso ó trámite: 

Código de procedemento:  IN421S

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *