DESEÑAPEME E INNOVAPEME 2024

Prazo pechado!!.Publícanse as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través dos programas Deseñapeme e Innovapeme.

Estas axudas da Axencia Galega de Innovación están dirixidas ás microempresas, pequenas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, para o financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plan de innovación en procesos e organización, segundo a súa finalidade. En cada solicitude, as pemes poderán incluír unha ou ambas as dúas liñas, que apoian dous tipos de plans diferentes e complementarios:

  • Deseñapeme: plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, con código de procedemento IN848E.
  • Innovapeme: plans de innovación en procesos e organización , con código de procedemento IN848D.
Beneficiarios
  • Microempresas, pequenas e medianas empresas
  • Entidades do terceiro sector de acción social sen ánimo de lucro con actividade económica que acrediten categoría de peme.

Deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que establece as condicións da axuda (DECA) conforme o disposto no artigo 23.

Únicamente se admitirá unha solicitude por liña empresa, grupo empresarial ou empresas vinculadas. 

Exclusións: 
  • Para a liña 1: as pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Deseña Peme do ano 2022 ou na liña 1 da convocatoria 2023 e non presentase renuncia expresa a estas con posterioridad á súa resolución de concesión. 
  • Para a liña 2: as pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme do ano 2021, 2022 ou da liña 2 en 2023 e non presentasen renuncia expresa a estas con posterioridad á súa resolución de concesión. 
  • As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro, a excepción das entidades do terceiro sector de acción social sinaladas no artigo 4.
Orzamento: 

O Orzamento total é de 4.500.000€ (DeseñaPeme:1.5 M€ e InnovaPeme 3 M€)

A distribución de crédito para cada unha das anualidades é:

Axuda: 50% dos custos de implantación do plan (Axudas entre 25.000€ e 75.000€). En total unha peme pode obter ata 150.000€.

Anticipo ata o 70% da subvención concedida. Para a primeira anualidade poderase solicitar ata o 100% da subvención concedida.

Actividades subvencionables
  • Poderán presentarse solicitudes a unha ou ambas as días liñas de presente resolución 
  • Cada liña recollerá actividades diferenciadas que estarán incluídas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (no caso da liña 1), e en plans de innovación en procesos e organización (no caso da liña 2). 
  • As actividades que se subvencionan para cada unha das liñas serán as indicadas no anexo 1 (liña 1-Deseñapeme) e no anexo II (liña 2-Innovapeme).
  • Os plans reunirán, necesariamente, as seguintes características:

– Constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas, incluídas nas respectivas memorias descritivas da solicitude, e permitirán implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.

-O orzamento subvencionable para cada plan será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 150.000 euros por plan.

A duración máxima de cada plan será ata o 30 de setembro de 2025. Ademais, na liña 2, os plans deberán ter unha duración mínima de 12 meses.

Conceptos de gasto que se subvencionan
  • Aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estrictamente necesarios para o desenvolvemento dos obxectivos de innovación para os que foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. 
  • Custos directos que se subvencionan: 

Custos de persoal, propio ou de nova contratación.

-Custos de adquisición de propiedade industrial.

-Custos de material, subministracións e produtos similares incluídas licenzas de software non amortizables.

-Subcontratacións: máximo dos 50% dos custos directos.

-Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais e obtención de certificacións.

-Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño e/ou innovación

-Custos de servizos de apoio en materia de innovación.

-Custos de amortización do equipamento e material instrumental inventariables.

  • Custos indirectos: 

O importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 20% aos custos directos do plan.

Ofertas

Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores previamente á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficientes subministradores, o que deberá xustificarse expresamente. 

Prazo: 

Do 14 de Febreiro de 2024 ata o 13 de Marzo de 2024.

Liña I-Deseñapeme: plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, con código de procedemento IN848E.

Actividades incluídas no plan: 
  • Deseño de produto: Concepción e desenvolvemento de productos novos ou, no caso de reredeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.
  • Deseño de servizos e experiencias: Concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial dende o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.
  • Deseño de marca e identidade corporativa: Formulación de proxectos de identidade corporativa e marca das empresas nos seus diferentes niveis (empresa, marca e produto/servizo), con especial atención á representación de valores sustentables e innovadores.
Subcontratación de profesionais do deseño:
  • Entidades provedoras de servizos de deseño 
  • Profesionais do deseño 
  • Estudos de deseño
  • Empresas externas de servizos de consultoría especializadas nas disciplinas de deseño 

O profesional ou equipo de profesionais colaboradores externos que presten o servizo deberán dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño específico no que participen e contar cunha experiencia demostrable superior a 2 anos na prestación de servizos similares aos solicitados pola empresa.

Liña 2- Innopeme: plans de innovación en procesos e organización, con código de procedemento IN848D.

Os plans de innovación estarán constituídos por un conxunto completo e coherente de actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora.

Actividades incluídas no plan
  • Actividades de innovación: Servizos externos que preparan ás pemes para innovar a través de asesoramientos e apoios que complementan as súas capacidades internas. 
  • Innovación en procesos: Proceso novo ou mellorado para unha ou máis funcións de negocio que difiren significativamente do proceso de negocio anterior da empresa e que se poñen en uso por primeira vez:
  • Innovación en organización: Método novo ou mellorado para unha ou máis funcións relativas á organización empresarial e as súas interaccións, que difiren significativamente do métodos anteriores da empresa e que se poñen en uso por primeira vez.
Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024

Código de procedemento de tramitación: Deseñapeme (IN848E) e Innovapeme (IN848D)

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Apoio ás Asociacións chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *