SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO E UNIDADES DE APOIO

Queres reforzar o traballo da túa entidade e abrir novas portas ao emprego inclusivo? Ata o 25 de Setembro a Xunta de Galicia convoca as subvencións 2025 para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio en entidades sociais. Un recurso clave para seguir creando oportunidades reais.

Estas axudas están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación nesta convocatoria do ano 2025 ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2024 de axentes de emprego e unidades de apoio.

As persoas contratadas ao abeiro destas axudas colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Para o adecuado exercicio das funcións e actividades das persoas contratadas como axentes de emprego poderán contar coa axuda e asistencia de unidades de apoio de carácter administrativo, que serán coordinadas por aqueles.

A concesión e goce destas axudas para a contratación de axentes de emprego ou unidades de apoio non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Xunta de Galicia.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, e que estean a desenvolver actividades de promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa promoción do emprego, o autoemprego e o desenvolvemento local

Requisitos: 

a) Ter personalidade xurídica e capacidade de obrar e estar debidamente inscritas no correspondente rexistro público.

b) Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

c) En todo caso, as entidades beneficiarias deberán acreditar que as persoas contratadas no marco deste réxime de axudas non están afectas ao desenvolvemento dunha actividade económica conforme o establecido pola xurisprudencia comunitaria

CRITERIOS DE AVALIACION

a) As solicitudes de axudas concedidas no exercicio 2024 para a prórroga da contratación. Ata 15 puntos.

b) Os proxectos que acrediten un maior nivel de inserción laboral das persoas axentes de emprego e unidades de apoio, mediante a súa contratación indefinida. Ata 10 puntos.

c) Os proxectos que teñan un ámbito de actuación superior ao municipal. Ata 5 puntos.

d) A acreditación de ter apoiado máis dun proxecto empresarial que se consolidaran en empresas, e/ou permitisen a inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Ata 10 puntos.

e) A antigüidade de constitución da entidade en máis de 3 anos na data de publicación desta convocatoria: 5 puntos.

f) A eficacia na xestión e execución dos proxectos daquelas entidades que participaron en convocatorias anteriores: 5 puntos

CONTIA

A contía máxima da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será igual ao resultado de multiplicar o número de persoas contratadas polo número de meses e polo importe do módulo «C» no caso de axentes de emprego e do módulo «B» para as unidades de apoio

PRAZO DE SOLICITUDE

Prazo de presentación das solicitudes ata o 25 de setembro de 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta:

ORDE do 8 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR352B).

Código de procedemento:  TR352B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *