AXUDAS E AS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Ata o 19 de Septembro o programa Coopera abre unha nova oportunidade para as entidades sen ánimo de lucro que queiran impulsar o emprego e xerar impacto social real. A través da contratación de persoas desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero, fináncianse proxectos que contribúen ao ben común mentres ofrecen experiencia profesional e camiño cara a inserción laboral.

Fináncianse as accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro que, na data de achega da solicitude, estean inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (en adiante, RUEPSS) na categoría de iniciativa social, nas áreas de comunidade, dependencia, discapacidade, inclusión, maiores, familia, infancia, menores e igualdade e cuxa actividade principal estea dirixida directamente, e de maneira indubidable, a desenvolver ou fomentar accións específicas para a inserción social e laboral das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres

Requisitos 

Deberá figurar no RUEPSS a memoria actualizada das actuacións desenvolvidas no ano 2024 pola entidade solicitante. A devandita memoria deberá estar dispoñible antes da reunión da Comisión de Avaliación

Requisitos dos servizos que se vain prestar

CONTRATOS SUBVENCIONABLES

1. Os contratos subvencionables cubrirán os gastos salariais e de Seguridade Social das persoas traballadoras contratadas.

2. En ningún caso serán cubertos polos contratos subvencionables os seguintes conceptos:

  1.  A indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores.
  2.  Os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización.
  3.  As vacacións pagadas, pero non desfrutadas.
  4.  As horas extras ou traballos realizados fóra da xornada habitual de traballo.
  5.  Custos salariais en caso de baixas temporais.

3. No suposto de baixas temporais:

  1.  No caso de substitución da persoa traballadora titular, só serán subvencionables os contratos que recollan os custos que ocasiona a persoa traballadora substituta. A entidade beneficiaria da subvención deberá facerse cargo dos sobrecustos que estas substitucións comporten.
  2. No caso de que non se substitúa a persoa traballadora titular, deberá reintegrarse a subvención correspondente aos gastos salariais relativos ao período de baixa.

4. No suposto de reducións da xornada laboral:

  1.  No caso de contratar unha persoa traballadora adicional, só serán subvencionables os contratos que recollan os custos ata completar a redución da xornada. A entidade beneficiaria da subvención deberá facerse cargo dos sobrecustos que estas substitucións comporten.
  2. No caso de que non se contrate unha persoa traballadora adicional para completar o período subvencionado, deberá reintegrarse a subvención correspondente aos gastos salariais relativos á redución da xornada.

CONTIA

A contía máxima da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será igual ao resultado de multiplicar o número de persoas contratadas polo importe do módulo que lle corresponda en función do grupo de cotización á Seguridade Social da persoa traballadora que se contrate, conforme o establecido no seguinte parágrafo, ou a cantidade prevista no convenio colectivo que resulte de aplicación, de ser esta inferior.

Os módulos correspondentes a cada grupo de cotización das persoas traballadoras contratadas serán os seguintes, para contratos de 9 meses e xornada a tempo completo e para contratos de 12 meses e xornada tempo parcial do 75 % (agás mulleres vítima de violencia de xénero):

  1. Módulo A (grupos de cotización da Seguridade Social 1 ao 2): 26.000 €.
  2. Módulo B (grupos de cotización da Seguridade Social 3 ao 7): 21.000 €.
  3. Módulo C (grupos de cotización da Seguridade Social 8 ao 10): 17.000 €.

No caso de mulleres vítima de violencia de xénero, os módulos correspondentes a cada grupo de cotización das persoas traballadoras contratadas serán os seguintes, para contratos de 12 meses e xornada a tempo completo:

  1. Módulo A (grupos de cotización da Seguridade Social 1 ao 2): 34.666 €.
  2. Módulo B (grupos de cotización da Seguridade Social 3 ao 7): 28.000 €.
  3. Módulo C (grupos de cotización da Seguridade Social 8 ao 10): 22.666 €.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  • Os servizos de maior interese xeral e social, segundo a área establecida no RUEPSS. Ata 30 puntos.
  • b) Maior nivel de inserción laboral. Ata 30 puntos.
  • Segundo o ámbito xeográfico de actuación: ata 10 puntos.
  • Que correspondan a entidades cunha mellor valoración en relación coa calidade e xestión das actuacións da presente convocatoria e das levadas a cabo ao abeiro das axudas e subvencións para o fomento do emprego, a través de programas de cooperación nas últimas dúas convocatorias: ata 10 puntos.

Proceso de adxudicación

PRAZO DE SOLICITUDE

Prazo de presentación das solicitudes ata o 19 de septembro de 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta:

ORDE do 4 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e as subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025

Codigo de procedemento: TR352A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *