SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ 2025

Ata o 8 de agosto o Concello de Vigo lanza novas axudas para asociacións veciñais e culturais sen ánimo de lucro. Se queres impulsar actividades que melloren a vida da veciñanza e fortalecer o tecido social, esta é a túa oportunidade. Participa!

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións veciñais e sociedades culturais, sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, constituídas legalmente como tales, para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral. Están dirixidas a fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarios as entidades, sen ánimo de lucro, inscritas nos epígrafes 10.1 e 10.5 do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que operen no movemento veciñal e traballen no ámbito sociocomunitario, da participación cidadá e das relacións cidadáns

Requisitos:

1. Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.

2. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.

3. Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesarias para acadalos. O cumprimento deste requisito quedará acreditado coa presentación do “Anexo IV: Declaración responsable de cumprimento dos requisitos” debidamente cuberto e asinado pola persoa representante da entidade beneficiaria.

4. Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo nos termos establecidos na Base 8.2.1 desta convocatoria.

5. Que se atopen ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e fronte á Seguridade Social. O/s interesado/s poderá/n autorizar, expresamente, ao Concello de Vigo a consulta e verificación automática do cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social

GASTOS SUBVENCIONABLES

En xeral, son gastos subvencionables os que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido por estas bases reguladoras.

  • Programa I:Gastos de mantemento”: gastos correntes de funcionamento e mantemento das sedes e das súas instalación sociais, entendendo por tales, os que permitan o normal funcionamento das entidades veciñais beneficiarias
  • Programa II: “Gastos de mantemento de entidades veciñais que carezan de locais municipais en réxime de cesión ou en outras condicións de uso gratuítas”: unicamente poderán optar a este programa aquelas entidades que acrediten o desenvolvemento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade pública para a que teñan que dispoñer dun local para poder realizala e que carezan de locais municipais en réxime de cesión ou en outras condicións de uso gratuítas. Serán obxecto de subvención, exclusivamente, os gastos derivados do arrendamento de local (base impoñible + IVE) e os gastos derivados do Imposto de Bens Inmobles (IBI) cando ditos gastos resulten estritamente necesarios para poder realizar a actividade subvencionada referida.
  • Programa III :“Gastos en investimento: equipamento”: equipamento das sedes sociais mediante a adquisición de bens mobles inventariables (considerase material inventariable, aquel que non é susceptible dun rápido deterioro polo seu uso, formando parte do inventario da entidade)
  • Programa IV: “Gastos en investimento: obras e adquisición de inmobles”:Distribuídos da seguinte maneira:

– Liña 1

-Liña 2:

En ningún caso, se aboará a subvención en concepto de obras, se a beneficiaria non conta coa preceptiva licenza municipal ou, no seu caso, comunicación previa, de seren esixibles conforme a normativa urbanística.

CRITERIOS DE VALORACIÓN 

Como criterios xerais de valoración para o outorgamento das subvencións dos distintos programas, terase en conta:

a) Traxectoria e antigüidade da entidade.— Ata 10 puntos.

b) Representatividade e área de influencia.— Ata 5 puntos

c) Capacidade económica, suficiente e axeitada da entidade para xestionar as propostas presentadas.— Ata 10 puntos

d) Calidade e viabilidade técnica e económica do proxecto de actividades.— Ata 20 puntos.

e) Calidade e viabilidade técnica e económica das propostas.— Ata 50 puntos 

f) Colaboración das entidade coa acción da Administración Local. Ata 20 puntos

g) Xustificación das subvencións.— Ata 10 puntos

CONTIA

  • Programas I e II“Subvencións a entidades cidadás”. A subvención por este concepto, non poderá superar, en ningún caso, o límite de 7.000 € no Programa I e 4.000 € para o Programa II.
  • Programa III: “Gastos en investimento. Equipamento InventariableA subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, os 5.000,00 €.
  • Programa IV: “Gastos en investimento. Obras e adquisición de inmobles”, cunha contía total de 178.117,55 €, que se encadren nalgunha das liñas de axuda previstas neste Programa:

Liña 1 – As subvencións para esta liña, non poderá superar, en ningún caso, o 80% do custe total do proxecto ou, en todo caso, os 15.000 €, agás no caso de obras destinadas a mellorar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas e similares que poderán acadar o 100% do custe total do proxecto, cun límite, en todo caso, de 19.000 €.

Liña 2 – As subvencións para esta segunda liña poderán acadar o 100% do custe do proxecto, cun límite, en todo caso, de 30.000,00 €.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentaciones das solicitudes ata o 8 de agosto de 2025

Máis información

Consulta: 

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ 2025

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *