- Este evento ha pasado.
PAZOS DE BORBÉN/ I Serán de Xunqueiras
21 junio· 10:00 - 20:00

O 21 de xuño temos unha cita moi especial en Pazos de Borbén… chega o I Serán de Xunqueiras!
Unha xornada máxica para celebrar o San Xoán coa veciñanza e con quen queira achegarse a vivir esta experiencia única
10:00h – Comezamos cun roteiro de identificación das herbas de San Xoán , saíndo dende o torreiro da festa!
13:00h – Vermú con música para ir quentando motores!
16:30h en diante – Xogos populares para todas as idades
18:00h – Teatro infantil co grupo Fedelhas
20:00h – Gran inicio do Serán Estades tod@s convidad@s!
E ademais contaremos con:
- Pulpeiro
- Zona de picnic
- Mercadiño con artesanía e moito máis!
Se queres participar no mercadiño, contacta connosco en: avxunqueiras@hotmail.com
Organiza: A.V. Cruceiro da Paz de Xunqueiras
Colabora: Concello de Pazos de Borbén e Deputación de Pontevedra
Non faledes! Agardámosvos en Xunqueiras para vivir xunt@s un día inesquecible!
