Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Gondomar / VI Xuntanza Terrible

7 junio· 10:00 - 19:00

Chega a VI Xuntanza Terrible🥁

O sábado 7 de xuño celebrarase en Abrollido nº 4 – Donas, Gondomar, unha nova edición da Xuntanza Terrible, unha cita ineludible coa música tradicional, a cultura popular e a festa ao aire libre.

Organizada por TradiSón e grazas ao impulso incansable do gran Xurxo o Terrible, a xornada estará repleta de actividades para todos os públicos, cun ambiente festivo e familiar.

Programa:

De 10:00 a 14:00h
• Obradoiro de construción de pandeira

Ás 13:00h – Sesión Vermú
• Co grupo Os Terribles de Donas

A continuación:
• 14:00h – Xantar campestre
• Visita de Coruxo
• 16:00h – Xogos populares

Tamén contaremos co Tradibán, espazo con comida 🍔bebida 🍺zona de acampada ⛺️sorteos 🎟️ e outras sorpresas.

Ás 18:30 – Serán tradicional
Actuacións de:
• Pandeireteiras do Sobreiro e Cores do Sobreiro
• Lideira
• Alvariza
• Carapaus

E para rematar… Foliada libre

Agardámoste en Donas para vivir unha festa con alma, raíces e moita música!
E sabedes que onde este Xurxo, o éxito está asegurado

Detalles

  • Fecha: 7 junio
  • Hora:
    10:00 - 19:00
  • Categoría del Evento: