- Este evento ha pasado.
VIGO/MUTACIÓNS #6: OS ESCUROS VERSOS DE CLÍO

Detalles do evento
Pecha o curso de Mutacións unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea: Silvia Penas, poeta e performer, presentará unha intervención escénica inspirada na obra de Carlos Casares.
Silvia Penas (Vigo, 1980) atesoura unha obra intensa, recoñecida con numerosos premios e tamén presente no espazo público: un fragmento do seu poema A elas está gravado en bronce na rúa do Príncipe de Vigo, xunto co de María Xosé Queizán. En Mutacións #6 non veredes unha promesa, senón unha artista consolidada cunha voz radicalmente presente.
Ao remate, compartirase viño e petiscos nun ambiente distendido, para conversar e seguir gozando da cultura con calma.
Reservas en muta@muta.gal
Localización
MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra
Fecha
22 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)
Prezo da entrada
15€
