



Chega o PROGRAMA “Tempo de Lecer 2025” !!!
O concello de Mos a través da concellería de Participación Cidadá, organiza unha serie de actividades dirixidas a poboación Xeral maior de 14 anos no ámbito da educación non regrada e actividades de ocio e lecer a través de distintos obradoiros.

OBXECTIVO: fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, proporcionando alternativas de lecer no seu medio máis próximo e facilitándolle á veciñanza a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades de ocio de lecer ou formativas adaptadas as súas posibilidades.


Tempo de Lecer é un programa moi demandado polas asociacións do noso municipio, conta xa con 16 anos de traxectoria, 

no que anualmente se benefician unhas 20 asociacións e
máis de 450 persoas que pertencen ao colectivo de asociacións veciñais, culturais, de maiores e mulleres rurais, que participan en obradoiros temáticos que favorecen a participación e a cooperación social.