- Este evento ha pasado.
GONDOMAR / Entroido 2025
5 marzo· 19:00 - 23:30

GONDOMAR ÉNCHESE DE COR E FESTA CUN ENTROIDO DE 8 DÍAS CHEO DE MÚSICA, DIVERSIÓN E TRADICIÓN.
O mércores 5 de marzo, como broche final ao Entroido, celebrarase o tradicional Enterro da Sardiña, no que a comitiva fúnebre percorrerá as rúas de Gondomar a partir das 19:00 h nunha despedida chea de sátira e simbolismo. Este ano, a animación correrá a cargo de Toula Animación, que acompañará á comitiva co seu característico espectáculo visual “A Invasión Pirata” garantindo un final de festa inesquecible.
O Concello de Gondomar anima a toda a cidadanía a participar nesta gran festa, que ano tras ano enche de alegría e tradición as nosas rúas. Non o perdades!
